Unha revisión da traxectoria poética de Carlos Negro á luz do seu poemario Estrita necesidade
- Resource Type
- Authors
- Baldo Ramos
- Source
- Boletín Galego de Literatura. :1-13
- Subject
- Immunology
- Language
- ISSN
- 2174-4025
0214-9117
Estrita necesidade é un libro de poesía que retrata os costumes e a ideoloxía da xeración que sofre os últimos anos do franquismo e ve como se suceden os cambios sociais dun xeito vertixinoso. Un libro de familia que indaga sobre as relacións paternofiliais e sobre os pousos que deixa a memoria na ollada do neno que fala nestes versos. Analízase neste traballo o último poemario de Carlos Negro, tendo en conta a súa evolución poética e poñéndoo en relación con outros libros seus que teñen á familia como elemento vertebrador da súa cosmovisión poética.